Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolleu o Xeolodía 2013, actividade organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural

Foto xeolodiaBurela, 13 de maio de 2013. A Sociedade Galega de Historia Natural en colaboración coa Sociedade Xeolóxica de España organizou en Burela o Xeolodía 2013, Un paseo dende o Cámbrico ao Cuaternario. A actividade desenvolveuse a pasada fin de semana.

Segundo explican desde a Concellería de Medio Ambiente, “a orixe desta iniciativa sitúase na provincia de Teruel; no ano 2005 un grupo de xeólogos aragoneses iniciaron a celebración dos Xeolodías, nos que se convocan a tódolos cidadáns que estean interesados en visitar unha zona de importancia xeolóxica”. E engaden que “con esta actividade Un paseo dende o Cámbrico ao Cuaternario, pretendese achegar á sociedade á xeoloxía a través dunha excursión de campo guiada polo xeólogo J. Francisco Canosa Martínez, visitando lugares interesantes polo seu ámbito xeolóxico e proporcionando unha información rigorosa a nivel divulgativo sensibilizando á poboación sobre a importancia e necesidade de protexer o noso patrimonio xeolóxico”.

A localidade elixida este ano na provincia de Lugo para realizar este acto foi Burela por tratarse dun punto de interese xeolóxico a nivel nacional e internacional, xa que nas súas inmediacións atópanse distintos elementos xeolóxicos pouco habituais ou cunhas características excepcionais, é o caso dos sucesos acontecidos entre o Cámbrico e o Cuaternario no noroeste da Península Ibérica. Desde a Delegación de Medio Ambiente sinala que “permite ver nestes lugares aspectos de cómo funciona a terra sobre a que vivimos e de qué recursos naturais dependemos. É tamén unha maneira de sensibilizar á poboación sobre a importancia e necesidade de protexer o noso patrimonio xeolóxico”.

Desde o Concello de Burela “agradecemos a celebración deste evento á Sociedade Xeolóxica de España e á Sociedade Galega de Historia Natural, así como a participación de todos os asistentes”.

Exit mobile version