Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela FSF, o triunfo da igualdade

bfsf-campioas13O demiúrgo e as súas cazadoras de soños enviaron unha mensaxe directa, contundente e esperanzadora que iluminou Burela dun laranxa vital con destino o mundo e a eternidade. Don Javier Pardeiro Casabella e Don Alfonso Mera Río, guías maxistrais dun proxecto impregnado por todos os poros da súa exemplar personalidade.

O valor da derrota e a vitoria, da alegría e a tristeza, o valor da constancia, o compromiso… Grandes conquistas, sen dúbida, superadas pola normalidade da mirada dun neno; ilusionada e desbordante de admiración e igualdade cara a unhas mulleres que xogan ao fútbol sala; porque lles gusta, porque lles peta, porque lles dá a gana.

A mensaxe viaxa directa dende o paraíso para o mundo. Coa forza natural do seu mar e coas súas voces nas redes dispostas a continuar a batalla contra a ignorancia a través do deporte, peregrino emisario de valores; saúde, lecer, intregación, igualdade, educación, compromiso, esforzo… que resiste tenazmente o seu escaso recoñecemento.

As súas xestas diarias propiciaron unha convocatoria masiva de seguidores que incrementou a intensidade do seu altofalante para defender o paso das Termópilas.

Vivindo moitas xornadas segredas ata decidir os elixidos para o combate final, a hora chegara: só podía quedar un. CD Burela FS Pescados Rubén ou Atlético de Madrid Navalcarnero. A aldea gala contra o imperio romano.

E o 11 de maio de 2013, os romanos visitaron Gallaecia. Vista Alegre asolagouse de ilusión e esperanza, privilexiados de presenciar in situ na Mariña Lucense un espectáculo deportivo, protagonizado por elas para todos os que se atrevan a escoitar.

O desafío era enorme, pero dende o asubío inicial escoitouse con nitidez a voz da ilusión, da determinación e do sacrificio das guerreiras laranxas que avanzaron sen dubidar cara á coroa. As madrileñas defenderon con orgullo o seu reinado pero foron destronadas (5-1) por unha marea laranxa que multiplicou as súas ondas ata converter A Bomboneira nun tsunami de xúbilo e proclamar o CD Burela FS Pescados Rubén como Campión de Liga de Primeira División.

Unha fazaña sen precedentes provinciais que eleva as súas protagonistas á categoría de lenda. Dezaseis almas, arroupadas polo ronsel doutras moitas.

JOZI, DANY, LIDI, DOLO, SILVIA, PEQUE, HAYDÉE, LARA, PATRI, LUCÍA, MAITE, PAULA, PARDEIRO, MERA, LOLA y RAMÓN: SODES LENDA! GRAZAS

Exit mobile version