Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia pide a Besteiro que xustifique con probas a súa ausencia ás Xuntas de Goberno

• A voceira popular insta ao presidente da Deputación a que que cite os actos institucionais aos que asistíu, sobre todo, no pasado mes de abril, posto que das cinco xuntas de goberno celebradas, só asistíu a unha

• Di o PP que as Xuntas de Goberno teñen unha continuidade permanente e están totalmente planificadas

• Os populares aseguran que o desinterese de Gómez Besteiro pola Deputación de Lugo amósase incluso na delegación da firma nos seus compañeiros de equipo de goberno, proba disto está nas queixas de alcaldes que acuden ao Ente Provincial e o presidente evita atendelos, remitíndoos xunto aos seus compañeiros de goberno

Lugo 6 de maio de 2013- A voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, insta a Gómez Besteiro a que cite os actos institucionais aos que di que asistíu e supostamente, e segundo él manifesta, lle impediron presidir máis do 50% das Xuntas de Goberno celebradas durante o que vai de ano 2013.

Candia mostrou a súa preocupación pola ausencia reiterada de Gómez Besteiro nas Xuntas de Goberno, sobre todo neste pasado mes de abril, polo que pedíu a Besteiro que cite eses actos institucionais que supostamente lle impediron asistir.

“Das 17 xuntas de goberno que tiveron lugar entre xaneiro e abril deste ano, Gómez Besteiro, non asistiu a 9, delegando a súa responsabilidade en outros compañeiros de goberno. O dato máis chamativo ven dado deste pasado mes de abril, posto que das cinco Xuntas de Goberno, Besteiro só asistíu a unha”.

Manifesta Elena Candia que a tónica predominante do Señor Besteiro é delegar as súas responsabilidades en outros membros do seu equipo e proba disto vese nas queixas dos rexedores que acuden a Deputación e o Señor Besteiro non os atende e remíteos aos seus compañeiros de goberno.

Conclúe a voceira popular manifestando que as Xuntas de Goberno teñen unha continuidade permanente e están totalmente planificadas polo que todo apunta a que se trata dunha “excusa do presidente socialista que está máis preocupado pola súa imaxe e proxección política que pola responsabilidade asumida a fronte da Deputación de Lugo”.

Exit mobile version