Site icon Crónica3.com A Mariña

Caxigueiro e Baldo Ramos expoñen a súa obra en Foz

Cartel_expo_OllosdasPalabrasA Librería Bahía de Foz, con motivo do seu 50 aniversario, organiza a exposición ‘Os Ollos das Palabras’ do escultor Caxigueiro, e o poeta e pintor Baldo Ramos. A mostra estará no CENIMA de Foz dende o venres 24 de maio ata o venres 7 de xuño. A inauguración terá lugar o venres 24 de maio ás 20.30 horas nun acto no que se contará coas intervencións de Caxigueiro, ademais de Suso do Bahía e Cielo Fernández dende a Librería Bahía, recital de poesía de Baldo Ramos e música de Mano Panforreteiro.

Exit mobile version