Site icon Crónica3.com A Mariña

Chamada á mobilización de ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM contra a minaría contaminante e colonial

Este vindeiro domingo 2 de xuño, unha manchea de organizacións ecoloxistas, sociais e plataformas veciñais imos manifestarnos en Compostela en defensa da vida e da terra e contra a megaminaría contaminante. Dende a Alianza Rural Galega, integrada por ADEGA, a CIG, a FRUGA e a ORGACCMM convocamos a toda a cidadanía a dar ungha resposta contundente contra as ducias de de proxectos mineiros pairan sobre o noso ambiente, agardando para arramplar cos nosos recursos e deixarnos contaminación e desfeitas ecolóxicas, coa conivencia do PP.

Corcoesto, O Galiñeiro, Castrelo de Miño, Xinzo, Cartelle, A Terra Chá, O Iribio, Santa Comba, Zas, Pinzás, A Penouta… son os nomes das ameazas, en proxecto ou reais, que mañán poderían transformarse en catástrofes como Aznalcóllar e Baía Mare (Romenia).

E isto pode acontecer porque malia a que o estado español non foi formalmente rescatado, unha troika perversa integrada polo capitalismo, a especulación e a corrupción fomenta que grandes empresas transnacionais, coa cooperación necesaria e cómplice do PP, apliquen tamén o seu modelo neo-colonial de explotación e apropiación dos nosos recursos naturais. Estes proxectos agresivos, cunha forte compoñente especulativa debido ao alto prezo destas materias primas nos mercados internacionais, esquecen á poboación local e extírpana das súas terras para poder apropiarse da súas riquezas e da súa vida.

Non só algúns recursos concretos están ameazados polo expolio (ouro, terras raras, wolfram, coltán…), son tamén os chamados servizos ecosistémicos os que están en xogo. Os servizos que nos prestan os ríos, pola súa capacidade de fornecernos de auga e de depurar (aotodepurar) a contaminación; os bosques (captura de CO2 e sustento da biodiversidade); as montañas (captción de auga e regulamentación do ciclo hídrico); ou as costas (amortecemento dos impactos do cambio climático e berce de recursos alimenticios), entre outros, están tamén ameazados.

Porque GALIZA NON É UNHA MINA, acode a Compostela este 2 de xuño (Alameda, 12h) en defensa da túa terra.

Ligazóns: Manifesto Minaría ALIANZA RURAL GALEGA

Exit mobile version