O vindeiro venres, día 17, celébrase en Alfoz o Día das Letras Galegas con varios actos organizados pola Asociación Cultural “O Castelo”. En primeiro lugar o escritor Lionel Rexes dará unha charla na que presentará a figura de Roberto Vilar Bolaño, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Será ás 18 horas. A continuación, o grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo representará a súa obra “Apedradas”, de Francisco Piñeiro.