Site icon Crónica3.com A Mariña

Chega a loita olímpica coa Academia Imdecum

A Academia Imdecum acollerá a terceira sesión das II Xornadas do Deporte este mércores, 22 de maio (pavillón Monte Castelo, 17.00 horas) baixo o título “Iniciación ás loitas olímpicas dende a práctica orientada”, relatorio a cargo do director técnico da Área de Promoción e Desenvolvemento da Federación Galega de Loita, Pablo Rubén Pintos Figueroa.

Ata o 6 de xuño, o programa formativo da Academia Imdecum tamén abordará tenis en cadeira de rodas e fisioculturismo. A iniciativa, que conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo, Fundación Deporte Galego e o IES Monte Castelo, está destinada a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, monitores deportivos e demais profesionais relacionados co deporte, así como a todo o público interesado.

Intensa sesión de kick boxing

A participación do representante da Federación Galega de Loita dá continuidade ao ciclo iniciado pola xornalista deportiva Alba Adá o pasado 25 de abril. A semana pasada, a campioa do mundo de kick boxing Marisol Ramírez tamén compartiu unha intensa e emocionante sesión teórico-práctica co nutrido público reunido no pavillón Vista Alegre de Burela.


Nova actividade

LOCALIZACIÓN: Pavillón Monte Castelo

HORARIO: 17.00 horas

Mércores 22 de maio

Título: “Iniciación ás loitas olímpicas dende a práctica orientada”

Relator: Pablo Rubén Pintos Figueroa, director técnico da Área de Promoción e Desenvolvemento da Federación Galega de Loita

Exit mobile version