A CIG de A Mariña, anima a todas as persoas que amen o galego a que participen na manifestación convocada para o Día das Letras”, día 17, en Compostela, pois “só a través da presión social constante poderemos garantir os nosos dereitos lingüísticos e o noso futuro como pobo”. A movilización está convocada pola Plataforma Queremos galego da que forma parte a CIG xunto con outras 700 asociacións e colectivos.
A manifestación, que terá por lema “Non queremos ser extranxeiras na propia patria” saírá dende á Alameda ás 12.00h e rematará na Praza da Quintana.
O lema escollido alude á situación do noso idioma, das nosas letras, que aínda sendo as propias , as nosas, ven como son vetadas unha e outra vez en certos ámbitos, ven unha e outra vez, como son atacadas sistemáticamente por quen tería que defendelas e dignifícalas e ven , unha e outra vez, como se criminaliza e mesmo xulga a quen pretende defendelas.
Estamos polo tanto ante unha situación de emerxencia lingüística que require de todo o noso esforzo, de toda a nosa implicación e de todo o noso amor pola lingua para que a situación se revirta e para que o galego acade o nivel de uso e o prestixio social que merece e que lle corresponde.
Autobuses
A plataforma poñerá a disposición de todas e todos @s mariñáns que así o desexen autobuses para desplazarse a Compostela, para o cal @s interesad@s deben anotarse en calquera dos seguintes números de teléfono: 982 140 654 ou 982 581 861.