
O vindeiro venres 10 de Maio celebrarase o 50 aniversario do CEIP do Virxe do Carme, de Burela. Para celebralo terán lugar distintos actos: ás 11:30 horas descubrirase un monolito e placa conmemorativa nos xardíns do colexio. Ás 19:30, na Casa da Cultura, poñeráse en escea unha obra de teatro representada polo profesorado e terán lugar actuacións musicais. E ás 22:00 horas, cea no Palacio de Cristal, aberta a todos os simpatizantes do colexio (alumnos, ex-alumnos, …). O prezo será de 25 euros por persoa. As tarxetas están a venda tanto no hotel coma na secretaría do colexio.