Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa o concurso de guións radiofónicos sobre igualdade en Ribadeo

radiando-igualdadeNo colexio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo segue o concurso de guións radiofónicos Radiando igualdade, que organizan o CIM e a Concellaría de Igualdade. Esta mañá tiveron lugar dúas mesas redondas, unha sobre a presenza da muller e a igualdade nos medios de comunicación. Un grupo de alumnas de 2º da ESO foi a encargada de entrevistar aos xornalistas Juana Carrera da COPE, José Alonso de La Voz de Galicia e Pablo Villapol de El Progreso. A outra mesa versou sobre a presenza da muller na política, no ensino e na sanidade. Nesta participaron a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez, o profesor Manel Yáñez e a enfermeira Carmen Arán.

Exit mobile version