O Deporte sen Barreiras protagonizará este xoves, 30 de maio, un novo achegamento ás II Xornadas do Deporte de Imdecum, na voz e traxectoria dos tenistas en cadeira, Álvaro Illobre e Martín Varela, posicións 163ª e 115ª no ránking ITF actual en tenis en cadeira de rodas. Os deportistas, que chegaron onte do Campionato do Mundo WTC Turquía, terán unha cita coa Mariña no IES Monte Castelo de Burela, ás 17.00 horas.
O programa formativo da Academia Imdecum porá o broche final o xoves 6 de xuño con fisioculturismo. A iniciativa, que conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo, Fundación Deporte Galego e o IES Monte Castelo, está destinada a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, monitores deportivos e demais profesionais relacionados co deporte, así como a todo o público interesado.
LOCALIZACIÓN: IES Monte Castelo
HORARIO: 17.00 horas
Xoves 30 de maio
Título: “Deporte sen barreiras”
Relatora: Álvaro Ilobre e Martín Varela, posicións 163ª e 115ª no ránking ITF actual en tenis en cadeira de rodas