Site icon Crónica3.com A Mariña

Convenio entre ACISA e El Farero sobre Google Fotos de Negocios

Foto convenio El Farero (2)ACISA Ribadeo acaba de asinar un convenio con El Farero para ofrecerlles ós seus asociados os servizos de Google Fotos de Negocios. O convenio consiste en realizar fotografías do negocio para permitir ó usuario desprazarse a través do interior do mesmo mediante un tour virtual. Ademais, Google Fotos de Negocios está conectado con Google Maps, Google Places e con Street View e El Farero conta con autorización para ofrecer este servizo a negocios que estean presentes en Google Maps. ACISA e El Farero consideran que “se trata dunha oportunidade de mostrar os negocios de Ribadeo a clientes de todo o mundo, é fácil de atopar para os clientes potenciais e ademais poderán realizar un percorrido virtual panorámico en forma dunha visita on line”. Así, os socios de ACISA, grazas á firma deste convenio suscrito polo presidente de ACISA, Roberto Rivas, e o responsable da empresa Servicios Audiovisuales El Farero, Manuel Vázquez, poderán obter condicións vantaxosas para mostrarse ó mundo. Os interesados en desfrutar de Google Fotos de Negocios poden dirixirse en busca de máis información tanto a ACISA como a El Farero.

Exit mobile version