Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristiano e Matamoros, os favoritos do segundo clasificado no III Certame de Relatos curtos sobre fútbol sala

Michael Chumacero, xogador das categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén, recibiu na oficina da entidade laranxa o premio como segundo clasificado, en categoría infantil, na III edición do Certame de Relatos curtos sobre fútbol sala “Le, escribe…¡Adestra a túa mente!

Con esta iniciativa, a Liga Nacional de Fútbol Sala celebrou o Día Internacional do Libro, en colaboración coa Editorial SM e o Certamen contou, unha edición máis, cunha gran participación de noveles escritores.

O vicepresidente do club, Manuel Blanco, felicitou e animou ao mozo burelés para continuar coas súas inquietudes literarias e fixo entrega do premio, un lote de libros da editorial SM e produtos de merchandising da LNFS e Penalty, a Michael Chumacero que se amosou “entusiasmado e sorprendido con este premio. Non mo esperaba xa que é un concurso a nivel nacional”

Alumno do Ceip Vista Alegre de Burela, o novel literato de 11 anos declarouse un fiel seguidor dos libros “de aventuras e os relacionados co deporte”. En asuntos estrictamente deportivos, confesou a súa debilidade por xogadores como “Matamoros do CD Burela FS e en fútbol, fan incondicional de Cristiano Ronaldo”.

Exit mobile version