Os últimos equipos ós que se enfrontou o conxunto do galego foron o “LSD” e “Blade Runners”, empatando co primeiro e vencendo ó segundo permitíndolles o pase á final de ouro como cabezas de serie. Os outros oito clasificados disputarán a final de prata.
O conxunto ó que pertence Cristóbal Rodríguez venceu en 11 combates dos 14 disputados, realizando ós seus rivais un total de 614 tocados con 456 en contra, colocándoos na final con só tres combates perdidos.
Segundo a normativa da máxima categoría, a “A”, cada equipo conta con dous tiradores; polo que o “Desperta Ferro” contará con Axel Pérez e Cristóbal Rodríguez, sendo o capitán o mecenas Lino Zago, ó que Rodríguez está “moi agradecido”. Os demais compoñentes que conformarán o equipo serán: Raúl Benítez, Sergi Mora ye Arantxa Chavarri.