Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de monitor de tempo libre en Burela

A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, vinculada á asociación sen ánimo de lucro Altair Galiza ten previsto impartir en Burela un curso de Monitor/a de Tempo Libre, homologado pola Xunta, intensivo e con aloxamento incluído. Realizarase do 15 de xullo ao 4 de agosto e o prezo ascende a 300 euros, aínda que haberá desconto a posteriori para a aquelas persoas que decidan participar do proxecto educativo de Altair Galiza. Os interesados poden obter máis información en etl.altair.galiza@gmail.com ou no teléfono 626 739 849. Pola contra, as inscricións pódense facer a través do enderezo: http://etlaltairgaliza.wordpress.com/.

Exit mobile version