Os laranxas Edu e Matamoros, do Burela FS Pescados Rubén, fixéronse cos premios da Pataca Naranxa, como Mellor Xogador (126 puntos) e Máximo Goleador (10 tantos). A peña fíxolles entrega de senllos trofeos o sábado, na cea de fin de tempada. Edu, ademais, tamén foi obsequiado cun reloxo, doado pola xoiería Kessarys, como Xogador máis Valorado (17 puntos) da web pataqueira.