Durante o transcurso da gala, con máis de 200 asistentes tamén se recoñeceu ó Ribadeo FC polos seus 100 anos de historia, e ó suplemento semanal Líder Lugo, representado por Javier Ferreiro. Ademais, premiouse ós xogadores da entidade anfitrioa máis destacados na última tempada, que foron os seguintes: Prieto (xuvenil), Martín (cadete), Diogo e Carlos (infantil), Saúl (alevín A), Adrián (alevín B), Borja (benxamín A), Fabio (benxamín B), Javi (benxamín C), Sergio (prebenxamín A) e Iago (prebenxamín B). Como mellor adestrador foi galardoado Óscar.
Ademais de Fran e Terio Carrera, no reparto de premios participaron dirixentes da SD Ribadeo, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; o alcalde local, Fernando Suárez; o concelleiro de Deportes ribadense, Vicente Castro; e o Xefe Provincial de Deportes, Manolo Cadramón.