Site icon Crónica3.com A Mariña

Federación de Comercio de Lugo e ACIA Foz organizan unha xornada sobre a redución de custes

Cartel ACIA Foz CustesFoz, 17 de maio de 2013. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz e a Federación de Comercio de Lugo organizan unha xornada informativa sobre Redución de custes de xestión, directos e de oportunidade, clave para xerar beneficios.

A xornada levarase adiante o vindeiro mércores, 22 de maio, a partires das 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz.

Os encargados de impartila son: Camilo Villasante Méndez, director e fundador de Helper, Márketing e Expansión; Cristina Ascariz, responsable da área enerxética de Indutec; e José Manuel Fernández, consultor comercial de Femxa for pymes. Os poñentes abordarán cuestións coma o punto de venda, a eficiencia enerxética e a formación.

Con ACIA Foz e a Federación de Comercio de Lugo colaboran o Concello focense e a Deputación Provincial de Lugo.

Exit mobile version