Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Vilariño expón en Mondoñedo as súas esculturas durante o V Marathon de fútbol sala O Pasatempo

O Pasatempo quere relacionar a cultura e o deporte. Por iso, a vindeira fin de semana haberá algo máis que fútbol sala en Mondoñedo. O artista Fernando Vilariño vai expoñer algunha das súas obras no exterior do Pavillón Municipal durante a celebración do V Marathon de Fútbol Sala O Pasatempo.

Fernando Vilariño é un artesán, mindoniense de adopción, que realiza espectaculares esculturas en pedra. Trátase de obras talladas a man e variados tamaños, creadas a partir dun único bloque. Vilariño decántase por crear pezas con significado social, capaces de provocar sentimentos no público e interpretacións persoais. O artista xa realizou outras exposicións na comarca e nesta ocasión poderanse visitar dende o venres 7 ata o domingo 9, durante todo o día.

Por outra banda, aínda queda unha praza libre para o Marathon de fútbol sala. Os equipos interesados poden poñerse en contacto coa organización ata o 5 de xuño. O prezo de inscrición por equipo é de 100 € a mesma que en anos anteriores. Nesta edición os premios serán:

– 1º clasificado 1.500 € + trofeo
– 2º clasificado 600 € + trofeo
– 3º e 4º clasificado 200 € +trofeo
– Mellor equipo local 100 € +trofeo

Haberá ademais trofeos para o mellor xogador, o mellor porteiro e o máximo goleador. Tódolos trofeos son artesanais e orixinais, realizados por artesáns mindonienses e da comarca.

Exit mobile version