Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa do Maio en Lourenzá pasada por auga

FOTO FESTA DO MAIO LOURENZÁ 2013A nova edición da Festa do Maio de Lourenzá tivo que celebrarse nas dependencias da Casa do Concello (vestíbulo, sala de exposicións e salón de actos) debido ás adversas condicións meteorolóxicas. Dende que se recuperou esta tradición hai uns anos é a primeira vez que non se celebrou o desfile debido ao mal tempo, segundo explicou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen agradece a colaboración dos veciños que traballaron para adornar o carro e o Maio: María José López, Leonor García, Paquiño, Karina Irimia, Manolo Centeno, Carmiña, Hortensia de Miche, Chus Reigosa, Celia Franganillo, Pepita de Villalba, Tarsila Irimia, Solita e Lupe Flórez.

Exit mobile version