
O auditorio municipal Hernán Naval acollerá a celebración do Día Internacional da Danza, que se conmemora o 29 abril. Será o sábado 4 de maio ás 20.30 h cando se desenvolva nas súas instalacións o Festival de Danza da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.