Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana cheo de éxitos para o deporte xovense

Intenso fin de semana deportivo o vivido en Xove, no cal o deporte xovense acadou importantes éxitos, tanto no que atinxe ao deporte municipal coma o dos distintos clubs

O fin de semana comezou co ascenso A 2ª División do Club Natación Xove. Emocionantísima a xornada vivida este pasado sábado 4 de maio na piscina municipal de Xove, onde 6 equipos (USC, C.N. Monforte, C.N. Vilagarcia, C.N. Salnes, C.N. Mos y C.N. Xove) se xogaban o ascenso á 2ª división. Comezou esta intensa xornada ás 10:30 horas en sesión matutina, acabando a mesma cunha puntuación moi axustada, iso sí, xa encabezada polo C.Natación Xove. A partires das 17:30 horas produciuse a hora da verdade, xogándose os equipos o todo polo todo. Chegando ao final, sabíase que as probas de relevos ían ser fundamentais e aí o Club Natación Xove non fallou, conseguindo manter a primeira posición. Se hai algo que se poida destacar, ademais da gran actuación de tódolos nadadores/as do Club, foi o apoio dos afeccionados e dos nadadores do Club que non interviron nesta emocionante xornada; incansables dende o inicio da competición, levaron ao equipo á vitoria e ao ascenso O A 2ª división. Xunto a Club Natación Xove, ascende tamén o C.N. Salnés como segundo clasificado.

CLASIFICACIÓN: 1º C.N. XOVE 666,0 PUNTOS; 2º C.N. SALNÉS 658,0 ; 3º C.N. MONFORTE 650,0; 4º USC 644,0; 5º C.N. MOS 370,0; 6º C.N. VILAGARCÍA 357,0.

Continuamos agora coas competicións desenvolvidas pola ACD Xove, en tenis de mesa e en atletismo.

O equipo de tenis de mesa da ACD participou este sábado 4 no Campionato Provincial celebrado en Vilalba, acadando importantes resultados:

-Equipo Cadete “A”, formado por Mateo Meitín E Carlos Cociña: CAMPIÓNS PROVINCIAIS.
-Equipo Cadete “B” formado por Rodrigo Rouco E Moisés Folgueiras: SUBCAMPIÓNS PROVINCIAIS.
-Categoría Cadete Feminina, formado por Rocío Duarte E Rosalía Veiga: CAMPIONAS PROVINCIAIS (na fotografía),

No que respecta a atletismo, o equipo da ACD participou no Campionato Provincial de Atletismo en Pista celebrado este domingo en Lugo, acadando os seguintes resultados:

Categoría Alevín Masculino:

-Diego Fernández: 3º en tríatlon (Velocidade 60m /Salto de Lonxitude/Lanzamento de Peso)
-Ángel Otero: 4º en tríatlon

Categoría Infantil Masculino:

-David Otero: 5º EN 3.000 m. Lisos
-Íker Fernández: 5º EN 1.000 m. Lisos / 5º en Velocidade 80 m.

Xa o domingo 5 de maio, dende as 17:30 horas desenvolveuse nun ateigado Pavillón Municipal de Deportes o Campionato Provincial Fase Escolar E Promoción de Ximnasia Rítmica, coa participación de 10 equipos de toda a provincia. A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, que representaba ao Concello neste campionato, participou no mesmo con 3 equipos, dous na Fase Provincial Escolar (equipos alevín e infantil) e un na Fase Promoción (equipo sénior). Así, dous dos tres equipos conseguiron uparse ao medalleiro final: o equipo Infantil conseguiu proclamarse SUBCAMPIÓN na súa categoría dentro da Fase Escolar (na fotografía); pola súa banda, o equipo sénior acadou a TERCEIRA POSICIÓN na súa categoría dentro da Fase de Promoción.

Exit mobile version