Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana de éxitos deportivos da ACD Xove

Os deportistas da ACD Xove tiñan este domingo 26 de maio dúas citas nos Campionatos Provinciais. Por un lado, o equipo de patinaxe artística competía no Saviñao; e por outro, o equipo cadete de xadrez, en Lugo.

As patinadoras xovenses obtiveron a medalla de bronce no campionato por detrás do equipo anfitrión, O Saviñao, que se proclamou campión provincial e das rapazas de Chantada que obtiveron a segunda praza. Foron dúas décimas de punto as que separaron no subcampionato ás rapazas da ACD Xove ao obter 11,9 puntos fronte aos 12,1 do equipo chantadino. O Saviñao foi claro vencedor con 15 puntos.

En Lugo, os equipos masculino e feminino cadetes de xadrez tamén se clasificaron terceiros (medalla de bronce) por detrás, novamente dos chantadinos, segundos, e a Escola Lucense de Xadrez de Lugo que se proclamou Campión Provincial. Trátase de todo un éxito para os xadrecistas da ACD Xove, que adestrando tan un só día a semana, están entre os mellores da provincia. Carolina e Alba formaban a parella cadete feminina e Moisés e Rodrigo a parella de cadete masculino.

Torneo Concello de Burela de tenis de mesa
Tamén este domingo pasado os xogadores cadetes de tenis de mesa, xunto co seu adestrador, participaron no Trofeo Concello de Burela, que se celebrou no Pavillón Vista Alegre. Mateo Meitin quedou terceiro en categoría cadete, despois de perder na semifinal un partido en principio fácil, pero no cal cometeu moitos erros por excesiva confianza, tras gañarlle ó que despois quedou campión do Torneo. Pola súa banda, o adestrador da ACD Xove, Eugenio Alonso, proclamouse Campión da categoría absoluta, tras asinar un Torneo sen perder ningún partido.

O torneo serviu de adestramento para participar no Campionato Galego que se celebrará en Cambados (Pontevedra) a vindeira fin de semana.

Exit mobile version