A gran final para a conquista do título de Primeira División, entre CD Burela FS Pescados Rubén e Atlético de Madrid Navalcarnero, será retransmitida en directo vía internet, a través da web da Televisión de Galicia (www.crtvg.es ). O duelo entre galegas e madrileñas dispútase o sábado día 11, ás 18.00 horas, nun Vista Alegre que apoiará incondicionalmente ás súas cazadoras de soños na súa loita polo título. O CD Burela FS agradece especialmente a colaboración e o interese amosado pola Televisión de Galicia para facer posible a difusión e promoción deste espectacular duelo de titanes.