Un dos organizadores Alberto Rodríguez Calvo explica que “un grupo de amigos reunímonos e decidimos facer esta concentración de coches, motos e camións de máis de 25 anos de antigüidade. Ata a data contamos con uns 40 vehículos dispostos a disfrutar desta concentración. Todos aqueles propietarios de coches antigos que queiran achegarse a Foz o 8 de xuño poden facelo. Para iso deben anotarse chamando ó seguinte número de teléfono: 670 979 852”.
A concentración de coches clásicos dará comezo nas inmediacións da praia de A Rapadoira ás 11 da mañá. “Ata as 12:30 poderán anotarse. Logo teremos alí expostos os vehículos, daremos unha volta por Foz e despois comeremos no restaurante O Carro. Queremos animar ós afeccionados ós coches clásicos a que se acheguen tamén a vernos”, concluíu Alberto Rodríguez Calvo.