Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe a Hernán Naval en Viveiro

O martes 14 de maio, a partir das oito do serán, o Colectivo Pensamento e Sementeira celebra en colaboración co Concello de Viveiro e o Conservatorio Profesional de Música un acto de colocación dunha placa na fachada do Teatro Pastor Díaz no que se vincularán os nomes do músico Hernán Naval, no 25 aniversario do seu pasamento, e Roberto Vidal Bolaño, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras. Será o grupo de metais do Conservatorio o que ofreza un concerto recordando a campaña “nacional de propaganda e de estímulo da poboación para lograr que o Teatro Pastor Díaz fose patrimonio público” impulsada por Hernán Naval. Dende o colectivo recordan que se cumpriu este desexo do que fora presidente da agrupación cultural Sementeira, xa que mentres o edificio do Teatro estivo en obras, Sementeira programou representacións teatrais en varios locais, privados e públicos da vila coma o café-bar Chipe ou os claustros de San Francisco que acolleron representacións en pequeno formato nas que actuaron, entre outros, actores como Roberto Vidal Bolaño.

Exit mobile version