Site icon Crónica3.com A Mariña

I Certame de Relato de Curto para conmemorar o Día Mundial dos Oceános en Burela

O certame convocado pola concellería de Medio Ambiente e a Confraría de Pescadores vai dirixido ós nenos e nenas de primaria e como premio entregarase un lote de material educativo sobre o mar para o mellor relato de cada unha das tres categorías establecidas.

Burela, 10 de maio de 2013. A Concellería de Medio Ambiente e a Confraría de Pescadores de Burela convocan o I Certame de Relato Curto para conmemorar o Día Mundial dos Océanos que se celebra o vindeiro 8 de xuño.

O certame está dirixido aos nenos e nenas dos colexios de Burela, que cursan educación primaria. Establécense varias categorías, unha para os nenos de 1º e 2º ciclo de primaria, que terán que explicar nun relato curto Por qué me gusta o mar, e outra para o alumnos de 3º ciclo de primaria, que deberán relatar Qué poido facer eu para conservar a riqueza mariña.

Os interesados en participar poden presentar os seus traballos ata o vindeiro 24 de maio nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal. As obras presentaranse baixo seudónimo e xunto con elas adxuntarase un sobre pechado que no exterior debe incluír o seudónimo e o título da obra, o no seu interior debe levar o nome, idade, domicilio e teléfono de contacto do autor.

A entrega de premios terá lugar o día 6 de xuño no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela. Haberá un lote de material educativo sobre o mar para o mellor relato de cada unha das tres categorías: 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria e 3º ciclo de primaria.

A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, sinalou que “o Día Mundial dos Océanos é unha boa ocasión para celebrar este tesouro común que fai que a terra sexa un lugar habitable para o ser humano, posto que os océanos axudan a regular o clima e o tempo e proporcionan osíxeno e alimentos, así coma outros efectos beneficiosos para o medio ambiente e para sociedade e a economía en xeral.”

López Eijo e o patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela, Basilio Otero, subliñaron que “a finalidade deste certame é que os rapaces reflexionen sobre a importancia que ten o mar nas súas vidas e como as súas actuacións teñen repercusións na riqueza mariña. As bases estarán na Biblioteca Pública Municipal de Burela, e os interesados/as en participar poderán obter máis información na oficina de Medio Ambiente de Burela e no arquivo histórico da Confraría”.

Exit mobile version