Site icon Crónica3.com A Mariña

IpV tentará “introducir racionalidade” na ordenanza sobre uso de vías públicas polos maderistas

O PP de Alfoz pretende aprobar este xoves 30 en pleno ordinario a ordenanza sobre o uso das vías públicas por parte dos maderistas. Dende IpV intentaremos introducir algo de racionalidade en dita ordenanza, xa que está realizada a espaldas do sector.

“O montes están sendo o banco de centos de galegos nestes duros tempos de crise, Alfoz non é unha excepción, non se pode coartar desta maneira dende os concellos a súa extracción dos montes”. “ Esta ordenanza realmente a quen penaliza é os propietarios dos montes limitándolles enormemente a capacidade de venda da súa madeira”.

“Hai alternativas tan sinxelas como que os maderistas depositen no concello unha copia do seu seguro de responsabilidade civil, acreditando que ten cobertura para os desperfectos e estragos causados na vía pública”, como soe ser habitual neste tipo de seguros. Deste modo evítase o elevado prexuízo económico que se lles ocasionaría as empresas do sector e que terían que repercutir no propio prezos da madeira que lle abonan ó propietario.

No monte galego predomina o minifundismo, ordenanzas tan esixentes como a que se pretende aprobar, provocaría que empresas do sector se negaran incluso a comprar madeira de innumerables propietarios pola reducida extensión das fincas e os elevados custes que lles ocasionan.

Dende Independentes polo Val intentaremos introducir racionalidade en dita ordenanza, tanto dende o concello de Alfoz, como a través do representante na Mancomunidade da Mariña. Está ben que existan os mesmos criterios de control en todos os concellos, pero a ordenanza non debe ser tan negativa para o interese xeral, xa que prexudica a mederistas e propietarios.

Exit mobile version