Site icon Crónica3.com A Mariña

López Penabad denuncia a actitude electoralista do alcalde nos actos públicos

• Di o popular que se o señor Suárez Barcia quere facer política que a faga pero no contexto axeitado para tal fin e non en eventos onde existe un protocolo

• Denuncia o PP que Suárez Barcia non acudise a unha xuntanza que tivo lugar o sábado pola tarde coa Asociación de amigos do ferrocarril o que demostra que as iniciativas de Ribadeo non lle importan nin o máis mínimo

Ribadeo, 6 de maio de 2013.- O recén elexido presidente dos Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, lamenta a actitude do rexedor no acto do pasado sábado, na presentación do selo da ponte dos Santos.

“Nun acto deste tipo existe un protocolo que non se pode rachar e menos cun fin electoralista” afirma Jesús López Penabad, quen engade que o Señor rexedor vive nun electoralismo permanente que ata o leva a cabo en eventos coma o do sábado.
Di o popular que se o rexedor quere facer política que a faga pero en contextos para este fin e non en lugares e momentos nos que non ten sentido.

“Suárez Barcia quere mostrar ese protagonismo en lugares públicos, para aparentar que está moi preocupado polos ribadenses” critica López Penabad quen afirma que todo este drama ten un único fin que non é outro que vender fume.

Manifiesta o popular que nembargantes, na reunión que tivo lugar esa mesma tarde, coa Asociación de amigos do ferrocarril, Suárez Barcia non acudíu cando, sin embargo, estaban presentes os demáis rexedores da zona.

“ Na xuntanza con esta asociación, na que Ribadeo ten un protagonismo fundamental, o alcalde nin aparece”- critica López Penabad quen asegura que esto ven a demostrar que estamos ante un rexedor que vende fume en actos públicos, cun afán electoralista permanente, e nembargantes en reunións nas que o concello é clave, nin aparece.

Exit mobile version