Representantes de sete entidades (as asociacións de veciños de Remourelle, Rinlo, Santalla, Vilela, a Plataforma de defensa da ría de Ribadeo e a convocante AVV O Tesón, máis un representante da coordinadora pro residencia) reuníronse o pasado venres no ribadense local do Lavadoiro dos Fornos con varios puntos na orde do día. En primeiro lugar, fíxose un breve resume da historia da mesa de asociacións. E na xuntanza tratáronse diversos temas: estado actual do regulamento de participación cidadá; área médica da Mariña; polémica sobre o nome da ría, tema sobre o que houbo unanimidade no apoio ó nome legal e no que xurdiron algunhas propostas; integración na xestión da reserva da biosfera. Asemade, tocáronse outros asuntos como o xulgado ribadense, o uso de herbicidas en autovías, estradas ou mesmo por parte de empregados municipais, ou o mantemento do local de asociacións. A próxima reunión será o día 21 de xuño ás 21.00 horas.