O galego vai perdendo forza en certos ámbitos sociais fronte ó castelán. Son menos os nenos que utilizan o galego como lingua inicial ou habitual. A xente nova fala menos galego que antes. Con estas conclusións sobre a mesa quérese saber en qué nivel de saúde se atopa actualmente o galego e qué perspectivas hai para o futuro no seu emprego. Varias persoas vinculadas ó uso do noso idioma debaterán sobre este tema en Alfoz co gallo da próxima celebración do Día das Letras Galegas. Será o sábado día 11 ás 20,00 horas, na Casa da Cultura de Alfoz. Participarán Ramón Reimunde, catedrático en Lingua Galega, Lionel Rexes, membro da Liga Céltiga Galaica e editor da revista “O Prado das Chantas” e outras persoas vinculadas ó tema.