Site icon Crónica3.com A Mariña

Mesa redonda en Alfoz sobre a situación do galego

alfoz-galegoEste pasado sábado, día 11 de maio, como acto previo á celebración das Letras Galegas o vindeiro venres, celebrouse na Casa da Cultura de Alfoz unha mesa redonda na que se debateu sobre a situación actual do idioma galego e o seu emprego nos diferentes ámbitos sociais. Falouse do emprego do galego na Administración, na relixión, nas diversas facetas artísticas (literatura, cine…) e nos medios de comunicación (especialmente na prensa escrita). O acto foi organizado polo SEVA (Seminario de Estudos do Valadouro), sendo moderado por Pepe Peinó, e nel participaron Ramón Reimunde (Catedrátido en Lingua Galega), Manuel Lourenzo (escritor, actor e director teatral), Lionel Rexes (escritor, Director da revista “Prado das Chantas” e colaborador da Radio Valadouro) e Matías Nicieza (Director de Cine e colaborador da Radio Valadouro). Dende a organización apuntan que, “por desgraza, a asistencia de público ó acto foi máis ben escasa”.

Exit mobile version