Site icon Crónica3.com A Mariña

Miguel Costas, ex de Siniestro Total, será o cabeza de cartel da oitava edición do festival Arreaocabo de Celeiro

O VIII FESTIVAL ARREAOCABO TERÁ LUGAR O MÉRCORES 24 DE XULLO DE 2013, NA EXPLANADA DE LAVANDEIRAS, EN CELEIRO(LUGO) A PARTIR DAS 22 HORAS, COA ENTRADA DE BALDE

O Colectivo Chilindrín Penalba presenta o cabeza de cartel da oitava edición do FESTIVAL ARREAOCABO que terá lugar o mércores 24 de xullo a partir das 22 horas na explanada de Lavandeiras en Celeiro, con entrada de balde.

O Grupo que encabezará o cartel será MIGUEL COSTAS:

“Miguel Costas, membro fundador e excantante de Siniestro Total, é a primeira actuación confirmada para a oitava edición do Festival Arreaocabo.

Tras o seu paso por Siniestro Total, Aerolíneas Federales e Los Feliz, a mítica voz de himnos como “Miña terra galega” ou “Bailaré sobre tu tumba” volve aos escenarios coa banda Costas, coa que recentemente acaba de publicar un novo disco, “Alguien tenía que hacerlo” (2013). Este é o seu terceiro disco con esta nova formación, tras “Condenados a Costas” (2009) e “Costas is back” (2011), o cal virá presentar ao Arreaocabo este verán”

O FESTIVAL ARREAOCABO chega á súa oitava edición, logo de contar en anos anteriores con grupos de primeiro nivel do rock galego e estatal, coma o pasado ano cos Heredeiros da Crus, e en anos anteriores con Boikot, Lamatumbá, Defcondós, Koma, Porretas, etc. O Festival segue vivo pola aposta da asociación cultural e deportiva Colectivo Chilindrín Penalba, que un ano máis traerá a Celeiro o mellor rock galego e estatal, un festival que volve a ser de balde, e que fará desfrutar a novos e non tan novos, da véspera do inicio das Festas Patronais e do Mar de Celeiro.

Exit mobile version