Site icon Crónica3.com A Mariña

Nace o Clube Sénior da Rede Museística Provincial

Nos últimos tempos estamos sendo testemuñas de cambios demográficos ligados ao aumento da esperanza de vida e por ende a un envellecemento da poboación. Novos fenómenos nos que aparecen conceptos coma o da “terceira idade” ou “persoas maiores”, que en todo caso falan dun grupo significativo, que comparten tempos e espazos cunha necesidades específicas. E unha desas necesidades vincúlase ao ocio e tempo libre e ao seu papel na sociedade actual.

“O museo é unha institución ao servizo da sociedade, da cal é parte inalienable e ten na súa esencia mesma os elementos que lle permiten participar na formación da conciencia das comunidades ás cales serven (…): é dicir aunando o pasado co presente e comprometéndose cos cambios estruturais imperantes e provocando outros dentro da realidade respectiva.”

*extracto da Declaración da Mesa Redonda de Santiago de Chile, 1972: “El desarrollo del papel de los museos en el mundo contemporáneo”

Todo isto nos obrigan a actuar e intervir dende o prisma da museoloxía social. Dende a Rede Museística de Lugo hai tempo que vimos traballando no concepto de “Un museo para todos, entre todos”.

É neste senso onde se inserta o Clube Senior que nace do formulamento dunha pregunta que se establece en sentido bidireccional: ¿ Que pode o museo ofrecer aos maiores; e que poden ofrecer os maiores ao museo?.

Os maiores, ao igual que os nosos museos atesouran unha colección de experiencias vitais que forman parte da historia da nosa cultura, e son ademais de axentes activos un recurso humano de valor incalculable.

Dende o museo aproveitamos a fórmula empregada este ano polo ICOM para conmemorar o Día Internacional dos Museos [memoria + creatividade = progreso social] para inaugurar este Clube Senior, que entre outros obxectivos , formúlase:

– Realizar actividades en horarios axeitados ao seu tempo libre que lles enriquezan culturalmente, profundizando en aspectos non só da nosa cultura, senón tamén aspectos doutras culturas pasadas, presentes e coas que convivimos.

– Realizar obradoiros prácticos.

– Ofrecerlles un espazo de relación e comunicación con outras persoas.

– Darlle a coñecer a Rede Museística de Lugo e os contextos sociais, culturais e naturais onde se inxiren.

– Darlles a oportunidade de validar e expresar as propias experiencias vitais e relacionalas coa historia local de Lugo.

– Organizar programas interxeracionais baseados no intercambio de experiencias e coñecementos (Novas tecnoloxías, tempos de lecer, léxico galego, etc)

Formara parte deste Clube ofrece ademais outra serie de vantaxes coma son Invitación ás inauguracións temporais; Encontros mensuais: “Conversas a carón da lareira “ ; visitas temáticas dialogadas polas diversas coleccións dos Museos da rede, etc

Exit mobile version