Site icon Crónica3.com A Mariña

Escola de Familias en Xove

ESCOLA DE FAMILIA EN XOVE (2)A aula da OMIX do Concello de Xove acolleu unha nova actividade arredor da segunda edición da Escola de Familias. Un evento que está organizado pola OMIX de Xove. Concretamente realizouse a quinta xornada desta escola coa charla “Convivencia” a cargo do técnico Xosé Mosteiro, do Centro “Quérote +” da Xunta de Galicia. Nesta ocasión estudouse e analizouse a problemática das relacións entre pais e fillos. Para rematar coas actividades quedan dúas citas: o 14 de maio sobre “Uso responsable das novas tecnoloxías” e o 30 de maio sobre “Drogas”.

Exit mobile version