Adrián, porteiro, vestiuse coa camiseta do Burela para poñerse ás ordes de Juanlu Alonso e enfronte dos disparos dos xogadores laranxas o martes pasado.
Semifinais copeiras para Terceira e Xuvenil
A actividade competitiva dos laranxas centrarase esta semana nas semifinais copeiras para a Terceira División e Nacional Xuvenil. Ambos os compromisos disputaranse coincidindo co Día das Letras Galegas.
O equipo xuvenil visitará mañá a pista do ADFS Bueu no encontro de ida, ás 12.00 horas (municipal de Bueu). Despois de impoñerse en Vista Alegre por 2-0 ao Pizzbur Cidade de Viveiro FS, con goles de Bruno e Antón, o Burela FS B xogará a semifinal de volta ás 18.00 horas, no municipal da vila do Landro.