Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF volve ao traballo para encamiñarse á Copa de España

bfsf-quentamento13O campión da liga de Primeira volverá esta tarde ao traballo cunha sesión da recuperación centrada nun circuíto termal: aromaterapia, piscina, jacuzzi, crioterapia… Completarán a semana con dous adestramentos de pista, o xoves (18.00) e o venres (11.30), e coa mirada dirixida aos resultados da última xornada.

Encamiñado para o próximo reto, a Copa de España Bilbao 2013 (24, 25 e 26 de maio), a escuadra laranxa retomará a planificación de adestramentos diarios a partir do luns. Á espera da confirmación definitiva da RFEF, o Burela FS inaugurará a competición o venres 24, ás 10.15 horas, fronte ao oitavo, praza que aínda se decidirá esta fin de semana entre o Gironella (40) e Soto del Real (37) que viaxan á Rioxa e Navalcarnero respectivamente.

Recepción no Concello
Mañá, ás 20.30 horas, o conxunto laranxa, que xa festexou o título o sábado no Concello de Burela, será recibido polas autoridades locais no consistorio, así como por todos aqueles veciños/as que queiran participar no acto.

Exit mobile version