Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF de visita no colexio Sagrado Corazón de Jesús

Foto Burela FSF colexio RibadeoAs xogadoras do Burela FSF Jozi, Lidia e Patri estiveron no colexio Sagrado Corazón de Jesús compartindo a xornada cos alumn@s de ESO, contándolles as súas sensacións despois de terse proclamado campioas de liga e da Copa de España, dicíndolles que o deporte é algo marabilloso, pero que tamén é duro e esixe moita disciplina e moitas horas de adestramento e de viaxes, aínda que para elo teñan que renunciar a estaren coas súas familias e nos seus países. As xogadoras acudiron por segunda vez ao centro ribadense, dentro do concurso de guións radiofónicos Radiando Igualdade, que organizaron o CIM e a Concellaría de Igualdade. Jozi, Lidia e Patri fotografáronse con todos os alumnos e alumnas da ESO e firmaron ducias de autógrafos. O colexio Sagrado Corazón agradeceu o xesto, a amabilidade e a cercanía das xogadoras e do director deportivo do Burela FSF, o traballo realizado desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade para levar adiante este concurso de guións radiofónicos e a colaboración de Faro Norte Comunicación.

Exit mobile version