Barcia recoñeceu e felicitou ao Burela FSF Pescados Rubén “por facer historia no deporte na provincia de Lugo e en Galicia”, fixo fincapé “no esforzo individual e no traballo en equipo das xogadoras” e subliñou que “esforzo e traballo tamén caracterizan e caracterizaron sempre a Burela, de aí que estean tan unidos e tan identificados o noso pobo e o equipo de fúbtol sala feminino”. Foron moitos os afeccionados que non quixeron perderse esta cita e que encheron o salón de plenos do Concello para ovacionar ao seu equipo, ás súas xogadoras, ao adestrador, ao corpo técnico e á directiva. Á recepción asistiu unha grande representación da Corporación Municipal burelesa.
A vindeiro acto de recoñecemento terá lugar o martes, 21 de maio, na Xunta de Galicia.
O Burela FSF Pescados Rubén disputará a partires do 24 de maio a Copa de España en Bilbao, unha cita na que poderían acadar outro novo éxito para esta tempada.