A conferencia a cargo dos especialistas Víctor Bejega García e Esteban Álvarez Fernández, que leva por título:”De piscatores a mareantes: Evidencias arqueolóxicas de pesca e marisqueo en Punta Atalaia (San Cibrao, Cervo)”, terá lugar o venres 24 de maio ás 19:00h no Museo do Mar de San Cibrao.
Dende Mariñapatrimonio animamos a todas as persoas interesadas en coñecer o noso pasado e a nosa historia a asistir a este acto, que nos informará sobre aspectos relevantes da vida cotiá dos habitantes da Atalaia na Idade do Ferro.