Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo apoia unha xornada de limpeza na ría de San Cibrao

Trátase dun proxecto da Fundación Alcoa impulsado polo Club Limosa Surf coa colaboración da administración cervense

Cervo, 15 de maio de 2013-Un amplo grupo de voluntarios da Fundación Alcoa así como do Club Limosa Surf e o do Concello levarán a cabo mañá xoves (16:00 horas) unha iniciativa medioambiental consistente en limpar un treito da ría de San Cibrao co obxectivo de mellorar o seu estado e poñer en valor o noso contorno natural.

En concreto, os voluntarios e colaboradores levarán a cabo a retirada de residuos e restos que se atopen depositados no leito e nas marxes da ría no treito entre a ponte medieval e a desembocadura do río Covo. Para este fin dispoñen de medios mecánicos e diverso material achegado polo Concello, como o camión grúa, carretillas, motoserras, sacos e guantes, así como o desprazamento dos residuos aos centros de tratamento. Ao mesmo tempo a delegación de Medio Ambiente tamén se ocupou de solicitar autorización ao Servizo Provincial de Costas para levar a cabo esta acción. Ademais, traballarase para recuperar o antigo paso de pedras que permite cruzar o río dun extremo ao outro durante a marea baixa.

A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, valorou moi positivamente esta iniciativa de protección e coidado do medio ambiente que ademais ten unha vertente de concienciación social. Un proxecto da Fundación Alcoa promovido polo Club Limosa Surf e coa colaboración do Concello de Cervo. “Esta actuación demuestra una vez más que las iniciativas conjuntas que unen las fuerzas de varias entidades tienen resultados muy beneficiosos para la comunidad” explica Alonso, que destaca tamén a importancia de “colaborar con el tejido asociativo de nuestro municipio”.

A concelleira manifestou ademais o seu agradecemento “tanto a la Fundación como al Club Limosa Surf por dedicar unas horas de su tiempo de forma altruísta a una acción que redunda en el bien colectivo y en concreto en el cuidado de nuestro entrono natural”.

Exit mobile version