Emma Álvarez manifestou que “para o Concello de Lourenzá é unha satisfacción que o equipo de básket Lourenzá Ensino xogue na vindeira temporada na categoría Nacional. Xa trasladamos as nosas felicitacións ao adestrador, Juan Nécega, para que as fixera chegar ao seu equipo”.
Ademais a rexedora municipal anunciou que “no Concello faremos unha pequena recepción oficial, porque grazas a estas rapazas o nome de Lourenzá viaxou por toda a comunidade autónoma e a partir de agora vai ser coñecido tamén no resto de España”.