Site icon Crónica3.com A Mariña

O CSIF denuncia que Alcoa aproveita a debilidade do comité de empresa para intentar reducir os salarios

Os recortes de soldo que plantexa Alcoa a pesar de ter beneficios é o resultado das últimas folgas que se fixeron na fábrica de San Cibrao nos últimos anos, segundo o CSIF. Coa aceptación de todos os sindicatos, excepto o CSIF, duns servizos mínimos onde supostamente deberían asistir ó traballo só unha plantilla mínima e que na realidade se estaba asinando e autorizando unha plantilla maior que un día sen folga, posibilitou, en algúns casos, incluso o aumento de producción en relación a un día normal. Isto deixanos agora, segundo apunta o CSIF, a merced dos caprichos da empresa; posto que o Comité de Empresa quedou sen armas para forzar a negociación.

“É insultante”, engaden, que “nos queiran aplicar os recortes que se están aplicando agora nas fábricas da Coruña e Avilés coa excusa de que están dando perdas, mentres nós estamos en beneficios”. Ademais, denuncian dende o CSIF que “o curioso é que nestas plantas Alcoa ofrecíalles ter aumento de salario segundo o IPC e non sufrir recortes se a mediados de ano entraban en beneficios. A nós, pola contra, xa nos queren recortar a pesar de estar en ditos beneficios”.

“Curiosamente, Alcoa leva a maior parte dunha subvención de 700 millóns de euros anuais para reducir o seu custe eléctrico. Está claro que queren sacar tallada da crise e que algún alto xefe quere gañar unha suculenta gratificación se ó final se aplican os recortes que agora nos propoñen”, conclúen.

Exit mobile version