Site icon Crónica3.com A Mariña

O eurodeputado socialista Sánchez Presedo afirma que a Comisión e as autoridades de Mauritania deben abordar a fondo os problemas que presenta o protocolo pesqueiro

A comisión de Pesca do Parlamento Europeo rechazou, na tarde do mércores 29 de maio, por ampla maioría o protocolo pesqueiro entre a UE-Mauritania. Tralo voto, o eurodeputado socialista e membro da comisión de Pesca, Antolín Sánchez Presedo, urxiu, tanto á Comisión como ás autoridades mauritanas, a “tomar nota da posición rotunda expresada polos parlamentarios europeos e abordar, a fondo e sen demora, os problemas que presenta o actual protocolo”, vixente provisionalmente dende o pasado 26 xullo.

“Somos conscientes da importancia dun novo protocolo e compartimos o interese da flota europea, incluíndo o da cefalopodeira galega, por faenar na zona en condicións técnicas e económicas que aseguren a sostibilidade das súas actividades”, explicou Sánchez Presedo.

Do mesmo modo, engadiu que “a Comisión de Pesca enviou unha mensaxe clara e contundente de que estes problemas son reais e non poden deixarse de lado. Tanto a Comisión Europea como as autoridades de Mauritania deben esforzarse por resolvelos seriamente para que o pleno do Parlamento Europeo poida dar a súa aprobación”, sinalou.

Novas iniciativas de Sánchez Presedo en torno ás relacións con Mauritania
O eurodeputado galego manifestou a súa preocupación polo “trato inxusto e discriminatorio” á flota europea. En dúas iniciativas dirixidas á Comisión Europea, Sánchez Presedo plantexa se as prácticas de reabanderamento baixo pavillón mauritano, e os acordos privados entre o país africano e flotas procedentes de terceiros Estados respetan os principios e compromisos coa Unión Europea. Por iso, pregunta á CE pola evolución da flota cefalopodeira dende que existen relacións pesqueiras coa Unión Europea e Mauritania, e urxe á Comisión a que emprenda accións para asegurar plena transparencia por parte das autoridades mauritanas sobre as decisións que afectan ó medio ambiente e á flota comunitaria.

Igualmente, requeriu información sobre se é certa a existencia dun acordo asinado entre Mauritania e Rusia para la flota pelágica en condiciones económicas más favorables que las establecidas para a flota da UE. “De acordo co novo Protocolo asinado coa UE, todo terceiro estado debe estar suxeito ás mesmas condicións establecidas para a flota europea”, sinalou Sánchez Presedo.

Ademais, Sánchez Presedo pediu á Comisión que confirme se na última reunión técnica con Mauritania, o pasado 24 de maio, planteou a reducción do canon aplicable ás capturas de pescada. A este respecto, Sánchez Presedo preguntou se algún Estado membro se mostrara interesado por este tema e pediu que o plantexe de inmediato ás contrapartes mauritanas.

Finalmente, Sánchez Presedo xunto ós demais eurodeputados socialistas españois, alertaron á Comisión Europea sobre o impacto socio económico, en particular no emprego, do novo Protocolo para o porto de Las Palmas e para as Illas Canarias. Despois de referirse á caída da actividade e do tráfico relacionado coa pesca pediron medidas para subsanar os efectos previstos e as consecuencias indeseadas a causa da posta en marcha provisional do Protocolo.

Exit mobile version