Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Illa de Sarón protesta contra a LOMCE

sentada-illadesarónO alumnado do IES Illa de Sarón de Xove protagonizou onte á tarde unha “sentada” na entrada do centro para mostrar a súa oposición aos recortes na educación e ás novas medidas contempladas na LOMCE. Particularmente protestan contra a imposición de barreiras que impidan ou dificulten o acceso á educación superior (reválidas, selectividade, incremento das taxas …) e contra os recortes no ensino público e a consecuente privatización, e defenden a integración de todo o sistema educativo nunha única rede de calidade, democrática e científica. Tamén reivindican unha política de becas que acabe coas trabas económicas ao estudo e un plan de choque de investimentos na educación pública. Por último apostan pola defensa dos dereitos democráticos do estudantado mediante o recoñecemento efectivo do dereito á folga, e pola anulación dos acordos co Vaticano que permita a desaparición das clases de relixión, xa que entenden que os fondos públicos non deben servir para financiar o adoutrinamento relixioso.

Exit mobile version