Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Vilar Ponte asistiu a unha xornada musical en Celanova

SONY DSCAlumn@s do IES Vilar Ponte de Viveiro participaron no Monasterio de Celanova nunha Unidade Didáctica sobre o órgano. O alumnado vivairense estivo acompañado polos tres profesores que forman o departamento de Música. A sesión explicativa sobre o órgano correu a cargo de Marisol Mendive, profesora de órgano do Conservatorio de Ourense. Estas sesións véñense celebrando desde fai varios cursos escolares e o IES Vilar Ponte é a primeira vez que participa. A xornada consiste nunha explicación e aproximación ao instrumento, que logo conclúe cun concerto didáctico onde os alumn@s interpretan unha serie de partituras á frauta e son acompañados pola organista. A experiencia resultou moi amena para o alumnado, que ten a oportunidade de ver de cerca o funcionamento deste instrumento; no caso do de Celanova unha verdadeira xoia do patrimonio galego.

Exit mobile version