Site icon Crónica3.com A Mariña

O Lourenzá Ensino xogará o ascenso a Nacional en Coruña

Calasancias e E.D. Lourenzá Ensino, representación galega na Fase Interautonómica de Ascenso a Primeira División Feminina

Calasancias vén de asinar e celebrar, esta mesma fin de semana, o seu título de campión galego da Primeira División Autonómica Feminina, feito polo que recibirá o seu trofeo en vindeiras datas e co que obtén a clasificación directa para disputar a citada Fase Interautonómica.

Calasancias, como flamante campión galego da Primeira División Sénior Feminina, título que rubricou este mesmo venres pasado; e E.D. Lourenzá Ensino, como subcampión; representarán a Galicia na Fase Interautonómica de Ascenso a Primeira División Feminina

Coruñesas e lucenses participarán desta competición, nunha edición que organizará o propio equipo coruñés e que terá lugar na cidade herculina entre o 16 e o 19 de maio.

Xunto aos dous clubs galegos, comparecerán nesta cita dous representantes das Comunidades Autónomas de Asturias e de Cantabria. Sumarán así un total de seis equipos na busca dunha única praza segura de ascenso a Primeira División Feminina.

Fonte: Federación Galega de Baloncesto

FASE INTERAUTONÓMICA DE ASCENSO A 1ª DIV. FEMENINA

A CORUÑA 16 al 19 de Mayo del 2013

Pabellón de Riazor, 2
Avda. Habana S/N
A Coruña

CALENDARIO:

Xoves- 16/05/13

Grupo A-2
19:00 hrs. E.D. Lourenzá Ensino – G.D. Bosco
Descansa: Grupo Tirso (Cantabria)

Vernes- 17/05/13

Grupo A-2

19:00 hrs. G.D. Bosco – Grupo Tirso
Descansa: ED Lourenzá Ensino

Sábado 18/05/13

Grupo A-2

17:00 hrs. Grupo Tirso – E.D. Lourenzá Ensino
Descansa: G.D. Bosco

Grupo A-1

19:00 hrs. Calasancias – C.B. Fodeba

Domingo 19/05/13

10:30 hrs. Subcampión Grupo A-1 – Subcampión Grupo A-2 (3º-4º posto)

12.30 hrs. Campión Grupo A-1 – Campión Grupo A-2 (Final)

Exit mobile version