Barreiro quere que o Partido Popular de Lugo “estea presente na rúa, que o cidadán poida sentilo próximo, que sexa sensible ás súas demandas e que sexa visto como referente político e institucional”. Pero tamén é consciente que, para acadar esa proximidade é preciso estar máis presentes en todo o territorio e reforzar as estruturas locais e comarcais do partido para, entre outros obxectivos, os novos compoñentes poidan desenvolver unha tarefa explicativa e pedagóxica: dar conta da acción das distintas administracións nas que teñen responsabilidade de goberno, nun tempo non exento de dificultades, pero con decisións orientadas á recuperación económica e do emprego”.
Os novos coordinadores territoriais son:
A Mariña: José María González Barcia
Fonsagrada: Antonio Fernández Fernández
Chantada: Ramiro Moure Ansoar
Lugo: Antonio Muiña Pena
Lemos: José Luis Álvarez Blanco
Terra Chá: Gerardo Criado Guizán
Montaña: Jesús Manuel Núñez Díaz
Meira: Ramiro Pérez Freijo
Ulloa: Javier Varela Pérez
Sarria: José Antonio García López
O reforzo da estrutura comarcal, co nomeamento e posta en marcha dos novos coordinadores territoriais, ten lugar ao mesmo tempo no que se están a celebrar distintos congresos a nivel municipal. Jose Manuel Barreiro dixo que neste ano o PP lucense terá renovadas gran parte das súas xuntas locais e funcionarán a pleno rendemento os coordinadores das distintas comarcas, o que permitirá a remodelación de toda a estrutura territorial do PP na provincia.