Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo reúnese con veciños da parroquia de Argomoso

O Partido Popular de Mondoñedo este domingo, ás 21:00 horas no refuxio, unha xuntanza con veciños da parroquia Argomoso para tratar asuntos de interese xeral para o pobo. A portavoz do PP na localidade, Elena Candia, explicou que a pretensión do seu grupo é dar resposta ás necesidades que lles trasladan dende esta parroquia.

Asesorar aos veciños e procurar un contacto directo coas asociacións do rural para ter coñecemento das súas necesidades é a liña de traballo que está a seguir o Partido Popular dende que deu comezo esta lexislatura e que ratificou Candia no último congreso local, celebrado o pasado 11 de maio. Neste senso, a portavoz do PP local reincidiu nesta pretensión de escoitar e atender ás demandas dos veciños no máximo posible e en función das súas posibilidade e responsabilidades municipais.

A portavoz popular amósase crítica coa actitude emprendida polo rexedor local. Orlando González, que durante o seu mandato non está a cumprir co seu compromiso de xestor nin está a procurar solucións ás problemáticas nin a dar resposta ás necesidades que lles están a trasladar dende o rural.

Exit mobile version