Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Valadouro pedirá en Pleno o enérxico rexeitamento á calquera intento de condicionar a gobernabilidade deste concello a un acordo de índole económica

A Mariña, 28 de maio de 2013.- Os concelleiros do Partido Popular do Valadouro, encabezados polo alcalde, Jose Manuel Lamela, veñen de rexistrar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno –previsto para este venres día 31- na que solicitan que a Corporación Municipal amose “o seu enérxico rexeitamento a calquera intento de condicionar a gobernabilidade deste concello a un acordo de índole económica, transacción ou indemnización entre os futuros socios do goberno municipal”

Os populares rexeitan así o documento asinado por PSOE, Udival e BNG, que tan só vincula aos dous primeiros. Un acordo polo que socialistas e independentes estipulan, como complemento á moción de censura, que se indemnizarán mutuamente con 100.000 euros se un deles rompe ou incumpre o pacto de goberno.

O PACTO ESCRAVIZA AO FUTURO BIPARTITO
Desde o Partido Popular poñen de relevo o malestar xerado entre os veciños por esta artimaña que nace sen ter en conta os intereses xerais do municipio e que “escraviza” aos futuros socios “que estarán obrigados a entenderse, estean ou non de acordo, baixo o risco de ter que facer fronte á indemnización”. O futuro bipartito “non pode discrepar, da exactamente igual que fagan unha boa xestión ou non desde o goberno local, porque ningún deles poderá romper o pacto por temor a facer fronte a esa indemnización millonaria”

Para o PP resulta evidente que estamos un Goberno local que nacerá a deconfianza mutua, e polo tanto di moi pouco da capacidade de xestión das persoas que están chamadas a gobernar xuntos. Con todo, “poñer prezo á alcaldía do Valadouro, sirve tamén para desvirtuar o principio de representatividade dos cargos públicos electos, degrada a calidade democrática da política municipal e está moi lonxe da defensa dos intereses dos veciños deste concello.

Exit mobile version